(en galego)
(Des)Encontros galego-portugueses
[Ciclo de eventos | Marzo, abril e maio de 2016 ]
Organización:
Centro de Estudos Galegos (Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa) e Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa
Descrición: O obxectivo deste ciclo é programar unha serie de conferencias, debates e outros eventos sobre as relacións históricas e actuais entre as sociedades e as culturas galega e portuguesa, atendendo a diferentes aspectos.
O ciclo constará de seis sesións, que terán lugar nos meses de marzo, abril e maio nas instalacións da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa.
4 de marzo. 19h00. Lingua.
Coa presenza de Marco Neves (Faculdade de Ciências Socias e Humanas – Universidade Nova de Lisboa), cuxa intervención leva por título “Galego: a lingua invisível”
E
José Ramom Pichel (Membro das comisións de traballo da Lei Valentín Paz Andrade para o desenvolvemento do portugués na Galiza), que falará de “Galiza, essa peça de Tetris linguística a configurar e encaixar entre os relatos de Espanha e Portugal”.
18 de marzo. 19h00. Historia e cultura da fronteira.
Coa presenza da antropóloga e profesora Paula Godinho (Faculdade de Ciências Socias e Humanas – Universidade Nova de Lisboa), que dará unha conferencia sobre o Couto Mixto titulada:
“O Couto Misto no Tratado de Limites de 1964: o interesse dos Estados e a resistência das populações”.
PROGRAMA COMPLETO: