Menu

Política Exterior Feminista

Que é a Política Exterior Femi​nista de España?

En 2021 España adoptou unha Política Exterior Feminista seguindo co liderado asumido por España ó máis alto nivel nos derradeiros anos e o forte compromiso político para avanzar na consecución da Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente o ODS 5 de igualdade de xénero.

España incorporou a igualdade de xénero como un elemento distintivo da súa política exterior co obxectivo de intensificar os esforzos para pechar as brechas de xénero e avanzar cada a igualdade real e efectiva das mulleres no mundo.

Guía de Política Exterior Feministapresentada polo Presidente do Goberno en marzo de 2021, define as principais liñas de acción neste ámbito, como a eliminación de tódalas formas de violencia contra as mulleres e as nenas, incluída a violencia sexual e de xénero.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a presentación en Moncloa da guía de Política Exterior Feminista. Imaxe: Moncloa


Que é o Plan de Acci​ón para a Política Exterior Feminista?

Plan de Acción para la Política Exterior Feminista 2023-2024 ten como obxectivo proporcionar orientación e ordenar a aplicación da Guía da Política Exterior Feminista no marco da Estratexia de Acción Exterior 2022-2024 a través de catro eixes de traballo:

  • A Axenda Exterior Feminista, dirixida a abordar as desigualdades de xénero desde a diplomacia feminista despregada por España no ámbito da UE, multilateral, bilateral e a cooperación internacional para o desenvolvemento e a acción humanitaria.
  • A igualdade no servizo exterior, que incorpora ó MAEUEC as medidas do III Plan para a Igualdade de Xénero na Administración Xeral do Estado.
  • A coordinación e harmonización de actores, buscando abrir espazos institucionais e políticos para mellorar o carácter integral da acción exterior.
  • A rendición de contas, que propón a vixilancia e avaliación do Plan.

O ministro Albares reúnese con mulleres de diversos ámbitos da sociedade española para presentar a Política Exterior Feminista. MAUC


​Que é o Grupo de Política Exterior Feminista + de Nova York?

O Grupo Política Exterior Feminista Plus (FFP+) é un grupo de amigos interrexional que reúne a Estados Membros das Nacións Unidas que declararon ter unha política exterior feminista, e a outros Estados Membros cuxas políticas de igualdade de xénero se aliñan no mesmo sentido. Busca promover enfoques feministas e transformadores de xénero nos foros multilaterais. O grupo opera en Nova York en estreita colaboración coa sociedade civil.

A presidencia do grupo é rotatoria e anual. En 2024, España e México asumiron a co-presidencia.

O primeiro evento de alto nivel nas marxes da Semana de Alto Nivel da Nacións Unidas, tivo lugar en 2022. Un ano máis tarde, nese mesmo marco, o Grupo organizou o evento ministerial «A política exterior feminista (FFP) e os enfoques feministas da política exterior como aceleradores do cambio positivo transformando os compromisos en accións», no que se asinou a primeira declaración política sobre Enfoques Feministas na Política Exterior. A Declaración representa un fito xa que enumera seis acciones feministas ás que os asinantes se comprometen.

En 2024, de novo nas marxes da Semana de Alto Nivel das Nacións Unidas, o Grupo organizou o evento ministerial «Galvanizando o Pacto de Futuro para unha implementación feminista da Axenda 2030», cuxos resultados incluíron unha declaración política que renova o compromiso do Grupo FFP+ cos principios feministas, con énfases na participación das mulleres na toma de decisións e a eliminación da violencia de xénero, incluíndo a violencia de xénero facilitada pola tecnoloxía.


​Que son os Cumes Shaping Feminist Foreign Policy?

Os Cumes sobre Política Exterior Feminista son foros que facilitan o encontro de gobernos, sociedade civil, organismos do ámbito de Nacións Unidas, institucións académicas e sector privado, co propósito de abordar os retos e as oportunidades para seguir avanzando na implementación de políticas feministas nos ámbitos nacionais e internacionais.

O primeiro cume tivo lugar en Berlín, Alemaña, en 2022; a segunda na Haia, Países Baixos, en 2023; e a terceira na Cidade de México, México, en 2024.

Os representantes de gobernos comprometidos coa incorporación da perspectiva de xénero na axenda multilateral asinaron unha declaración no marco da III Conferencia Ministerial sobre Políticas Exteriores Feministas, celebrada na Cidade de México. Este compromiso concrétase ben mediante a adopción das respectivas Políticas Exteriores Feministas (FFP) ou a través do fortalecemento da igualdade de xénero nas súas políticas exteriores.


​Que é a Axenda de Mulleres, Paz e Seguridade e como a aplica España?

A aprobación da Resolución 1325 no ano 2000 ​foi un logro histórico. Por primeira vez, as mulleres non aparecen só como suxeitos de protección, senón como protagonistas de seu propio desenvolvemento, desde o pre-conflito até o pos-conflito, incluídas nas mesas de negociación. Esta resolución visibiliza ás mulleres como elementos clave na construción da paz.

Axenda de Mulleres, Paz e Seguridade constituíu un sinal de identidade da política exterior española. España é un dos dez primeiros países en aprobar un Plan Nacional de Acción. Desde a aprobación do I Plan Nacional de Acción de Mulleres, Paz e Seguridade, en novembro de 2007, o compromiso con esta Axenda se mantivo como unha prioridade. Dez anos despois apróbase oII Plan Nacional de Acción de Mulleres, Paz e Seguridade 2017-2023, cunha seria de novos obxectivos:

  1. Integrar a perspectiva de xénero na prevención, xestión e resolución de conflitos e a consolidación da paz.
  2. Facer realidade a participación significativa das mulleres nos procesos de adopción de decisións en relación á prevención, xestión e solución de conflitos.
  3. Garantir a protección e o respecto dos dereitos humanos das mulleres e as nenas en situacións de conflito e posconflito.
  4. Introducir de forma efectiva a perspectiva de xénero na definición das medidas concretas de reparación e recuperación das vítimas.

O Ministerio elaborou, xunto ó Grupo Interministerial e o Grupo Consultivo de MPS, un informe de seguimento, en 2022, e un informe final do II PNA MPS, en 2024, co obxectivo de render contas das medidas máis relevantes adoptadas por España no período de execución do II PNA MPS. Ambos foron presentados polo Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares Bueno, na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados.

III Plan Nacional de Acción de Mulleres, Paz e Seguridade está en proceso de redacción.


Galardón Isabel Oyarzábal

En recoñecemento á excelencia na diplomacia e relacións internacionais, o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación outorga anualmente o Galardón Isabel Oyarzábal. Este premio homenaxea á primeira muller embaixadora de España, Isabel Oyarzábal, loitadora pola liberdade e a igualdade.

O Galardón Isabel Oyarzábal busca promover a participación das mulleres en espazos na toma de decisións e recoñecer a súa contribución a unha Política Exterior Feminista que transforme a sociedade.



Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu funcionamento, manter a sesión e personalizar a experiencia do usuario. Máis información na nosa política de cookies.