Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Más información en nuestra política de Cookies

Menú

Eleccións ao Parlamento de Galicia

Cómo votar desde o estranxeiro?

O vindeiro 18 de febreiro de 2024 celebraránse eleccións ao Parlamento de Galicia.




Preguntas frecuentesSe abre en ventana nueva

Prazos


  • Período de reclamacións/inclusións/exclusións, corrección de datos no Censo: do 1 ao 8 de xaneiro inclusive.
  • Solicitude de certificado para o voto por correo de electores temporalmente no estranxeiro (ERTA) non máis tarde do 20 de xaneiro.
  • Electores residentes no estranxeiro (CERA) que se atopen temporalmente en España durante o proceso electoral, poden solicitar (do mesmo xeito que os residentes en España) o voto por correo desde o 26 de decembro de 2023 ata o 8 de febreiro de 2024  e enviar o mesmo non máis tarde do 15 de febreiro.

  • Remisión do voto por correo dos electores residentes no estranxeiro (CERA) ao Consulado ou centro de votación habilitado non máis tarde do 13 de febreiro.

  • Depósito do voto en urna no Consulado ou centro de votación habilitado dos electores residentes no estranxeiro entre o 10 e o 15 de febreiro ambos inclusive.

     

Formulario de certificado para o voto por correo de electores temporalmente no estranxeiro



Máis información


Elecciones 28 de mayo

#VotoExterior Voto con garantías porque:

         - Un funcionario consular sela e asina o sobre  por detrás antes de que se deposite na urna.
         - O precinto e desprecinto das urnas no Consulado é público.
         - As Xuntas Electorais toman medidas para evitar que ninguén vote dúas veces.
         - O reconto dos votos depositados é público.
         - Os votos remitense a España por valixa diplomática de forma inmediata.
         - A Xunta Electoral abre os sobres de votación e debe facer constar en acta o voto recibido desagregado por consulados.