Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Más información en nuestra política de Cookies

Eventos del Centro Galego en Lisboa

En colaboración con la Universidade Nova de Lisboa, durante marzo, abril y mayo de 2016

24 de febrero de 2016

(en galego)

 
(Des)Encontros galego-portugueses
 
[Ciclo de eventos | Marzo, abril e maio de 2016 ]
 
Organización:
Centro de Estudos Galegos (Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa) e Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa
 
Descrición: O obxectivo deste ciclo é programar unha serie de conferencias, debates e outros  eventos sobre as relacións históricas e actuais entre as sociedades e as culturas galega e portuguesa, atendendo a diferentes aspectos.
 
O ciclo constará de seis sesións, que terán lugar nos meses de marzo, abril e maio nas instalacións da Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa.
 
4 de marzo. 19h00. Lingua.
Coa presenza de Marco Neves (Faculdade de Ciências Socias e Humanas – Universidade Nova de Lisboa), cuxa intervención leva por título “Galego: a lingua invisível”
E
José Ramom Pichel (Membro das comisións de traballo da Lei Valentín Paz Andrade para o desenvolvemento do portugués na Galiza), que falará de  “Galiza, essa peça de Tetris linguística a configurar e encaixar entre os relatos de Espanha e Portugal”.
 
18 de marzo. 19h00. Historia e cultura da fronteira.
 
Coa presenza da antropóloga e profesora Paula Godinho (Faculdade de Ciências Socias e Humanas – Universidade Nova de Lisboa), que dará unha conferencia sobre o Couto Mixto titulada:
“O Couto Misto no Tratado de Limites de 1964: o interesse dos Estados e a resistência das populações”.
 
PROGRAMA COMPLETO: